A sociedade da información aparece como consecuencia dunha serie de cambios que se producen en ámbitos: tecnolóxicos, sociais, económicos e culturais motivados pola importancia da información como o gran desenvolvemento tecnolóxico que fixeron posible o salto de analóxico ó dixital.
Este salto deu lugar a unha mellora na calidade dos servizos de comunicación e a un aumento significativo da variedade destes. A expresión máxima desta transformación constitúea Internet.
Na xénese da sociedade da información producíronse dous fenómenos: a coevolución e unha converxencia tecnolóxica.
A coevolución de distintos medios e soportes: xurdiron novos soportes pero estes non farán desaparecer necesariamente os vellos; uns e outros iranse adaptando e evolucionando.
A converxencia tecnolóxica: fai referencia a unha idea de Negroponte: ``todas as tecnoloxías da comunicación están vivindo unha metamorfose conxunta que só se pode entender adecuadamente se se toman como un só tema´´.
No hay comentarios:
Publicar un comentario